Sandiás impulsa un plan de acción comunitaria

undefined
photo_camera As actividades deron comezo este mes de febreiro.
O obxectivo pasa por satisfacer as necesidades da poboación envellecida “nun contexto de progresivo despoboamento e soidade”, subliñan dende o Consistorio.

O Concello de Sandiás vén de poñer en marcha un plan de acción e dinamización comunitaria que se desenvolverá todos os sábados no local social do concello mediante de distintas actividades. 

O programa procurará a participación de veciñas e veciños de todas as idades e en horario de 16,00 horas a 20,00 horas, coa finalidade de potenciar o seu benestar social, promover patróns de vida saudable e ocio activo e mellorar a calidade de vida no rural, facendo fincapé en satisfacer as necesidades da poboación envellecida “nun contexto de progresivo despoboamento e soidade”, subliñan dende o Consistorio. A dinamización comunitaria en Sandiás tamén buscará o contacto interxeneracional en actividades como a lectura, a escritura, os xogos de mesa, audicións musicais, debuxos, mandalas, labores de bordar, costura, calceta, ganchillo, exercicio da memoria e a través de pequenas charlas sobre temas que, actualmente, poden preocupar  a maiores e novos. 

Outras iniciativas iranse incorporando ao programa “de xeito progresivo”, segundo informou Pilar Cabrera, concelleira de Participación Cidadá.

Te puede interesar