politica

A socialista Emilia López, candidata á alcaldía nos Blancos

A voceira socialista, Emilia López.
photo_camera A voceira socialista, Emilia López.

A candidata apostou por darlle á localidade "transparencia poilítica"

Os socialistas de Os Blancos elixiron á actual voceira do grupo no Consistorio, Emilia López, como candidata á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais do 26 de maio. 

López, a vixésimo quinta candidata confirmada pola formación roxa na provincia, explica que o seu obxectivo primordial é darlle aos veciños e veciñas algo mellor. "Merecemos un futuro e saír do ostracismo e do endebedamento inxustificado de todos estes anos", manifestou. "Nesta última lexislatura o concello tivo que ceder as competencias de xestión á Deputación, por mor dunha débeda abismal, que non se veu reflexada para nada no día a día dos veciños. Seguimos indagando a onde foron a parar todos eses cartos públicos", engadiu. 

Tras facer pública a súa candidatura, a socialista apuntou que "deberíamos incidir en mellorar as políticas sociais, xa que contamos cunha poboación moi envellecida, non esquecernos de políticas de xeración de emprego, pero que escapen do clientelismo reinante en Os Blancos, onde o traballo vai sempre para os mesmos". 

A candidata apostou por darlle á localidade "transparencia política, algo que o PP non fai, mantendo o municipio no oscurantismo, con plenos a horas intempestivas, sen comunicar decisións do órgano de goberno e sen informar a oposición e veciños".

Te puede interesar