politica

Traveso acusa a Santana de "bloquear proxectos"

Traveso tamén se defendou dasacusacións do candidato popular, nas que afirmaba que "gobernada de xeito improvisado"

Logo de que se fixera oficial a candidatura de José Francisco Santana para encabezar o proxecto popular en Sandiás e das declaracións verquidas polo lider do PP local contra o actual rexedor, Felipe Traveso, o propio primeiro edil ven de criticar ao seu adversario político acusándoo de "non ter escoitado a ninguén" durante a súa etapa no goberno como tenente de alcalde. "Foi un mero espectador da alcaldesa, xa que se se movía, probablemente non saía na foto", criticou Traveso. "Esperaba sacar algún que outro rédito político, como traballar en varios concellos sen ter pasado ningún tipo de oposición", engade.

O alcalde de Sandiás asegura que José Francisco Santana, "nos case catro anos que leva na oposición, non soubo facer outra cousa que votar en contra de todos os proxectos que presentaba o equipo de goberno". 

Por outra banda, Traveso quixo defenderse das acusacións de Santana durante a súa proclamación como candidato, nas que dixo que o goberno de Agrelsán "gobernaba de xeito improvisado". Neste senso, o primeiro edil de Sandiás defendeu que a súa Agrupación de Electores "levaba 17 puntos claros no seu programa electoral e na oposición non houbo ningunha planificación. A suma de frases do candidato nos plenos criticando, demandando, ou propoñendo, pódense contar cos dedos dunha man", apuntou. 

Por último, Traveso sacou peito da súa xestión recalcando as melloras levadas a cabo en materia de limpeza e iluminación.

Te puede interesar