a limia

Vilar de Santos celebrará a sexta edición do mercado artesán

O evento estará promovido pola Arca da Noe e polo Forno Faragullas -en colaboración co Concello- e estará ubicado na rúa do Forno da localidade

Vilar de Santos acollerá o vindeiro 12 de maio unha nova edición -e xa serían seis- do seu xa tradicional mercado de artesanía e de exaltación de produtos locais. O evento estará promovido pola Arca da Noe e polo Forno Faragullas -en colaboración co Concello- e estará ubicado na rúa do Forno da localidade. 

A mostra de produtos quedará instalada a partir das 12,00 horas. Posteriormente, a partir das 13,30 horas, haberá foliada para animar o ambiente. Será posible xantar nos postos ou na propia Arca da Noe. 

Despois dun breve descanso para a comida, os organizadores do evento ofrecerán a posibilidade ás familias de participar nun obradoiro de danza que será impartido por Marta Otero. Como guinda a unha xornada especial, a agrupación Sacha na horta ofrecerá unha actuación ás 20,00 horas.

Te puede interesar