ENTROIDO

Xinzo acollerá o día 3 unha xornada sobre o Entroido

Ao remate da xornada os asistentes poderán particular nunha cata de productos gastronómicos típicos do Entroido, que estará amenizada  pola actuación dun grupo de música tradicional galego

O Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo, celebrará o vindeiro día 3 de febreiro, a partir das 19,00 horas, unha xornada sobre o Entroido, que contará coa presenza de profesores universitarios, antropólogos e escritores de renome. Esta actividade estará conducida polo antropólogo e escritor Manuel Mandianes e consistirá en dúas mesas redondas. Na primeira abordará o Entroido como Patrimonio Inmaterial da Humanidade, e a segunda terá como motivo central a celebración desta festividade como rito e tradición.

Ao remate da xornada os asistentes poderán particular nunha cata de productos gastronómicos típicos do Entroido, que estará amenizada  pola actuación dun grupo de música tradicional galego. 

Te puede interesar