XINZO DE LIMIA

Xinzo acolleu a clausura do ano adicado a Carlos Casares

XINZO DE LIMIA (AUDITORIO CARLOS CASARES). 22/12/2017. OURENSE. Acto de clausura de las actividades ligadas al Día das Letras Galegas que este año 2017 fue dedicado al escritor ourensano Carlos Casares y donde se entrega u premio especial al escritor y colaborador del periódico La Región, Alfonso Monxardín. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Un momento do acto de clausura que se celebrou no auditorio de Xinzo de Limia (Foto: Xesús Fariñas).

Santalices definíu ao escritor como "unha persona especialmente comprometida coa autonomía" galega

O auditorio de Xinzo de Limia foi o escenario escollido para a gala de clausura do ano adicado ao escritor limiao Carlos Casares. O evento celebrouse onte e  estivo presidido por Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o director xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. 

No mesmo acto fíxose entrega do Primeiro Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario ao ourensán Alfonso Vázquez-Monxardín Fernández, historiador, mestre de Lingua e Literatura Galega e colaborador de La Región.  Tamén se entregou ao limiao José González Joga o premio á mellor portada para o libro "Vento Ferido" e medallas conmemorativas as alumnas Eva Rodríguez González e Ana gude Caramés, que gañaron os concursos literarios convocados polo Concello de Xinzo con motivo do Día das Letras.

Deste xeito púxose o broche de ouro a un ano no que o Concello de Xinzo promoveu unha extensa e variada programación cultural, que se completará, o vindeiro 29 de decembro, coa inauguración no Museo Galego do Entroido dunha mostra que quedará na vila de xeito permanente: "Os mundos de Carlos Casares". 

No transcurso da súa intervención, Miguel Ángel Santalices definíu a Carlos Casares como "unha persoa especialmente comprometida coa autonomía de Galicia, desde a racionalidade e a moderación". Tamén loubaron a figura intelectual de Carlos Casares  o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández.
 

Te puede interesar