DEPORTE

Xinzo celebrará un Día da Bicicleta para concienciar do seu uso

A marcha partirá ás 08,30 horas da estación de autobuses ata os institutos da vila

Co obxectivo de fomentar o uso da bicicleta, os centros de ensino de Xinzo en colaboración co Concello celebrarán, o vindeiro día 7 de xuño, o "Día da Bicicleta". A marcha partirá ás 08,30 horas da estación de autobuses ata os institutos da vila. Os estudantes estarán escoltados polos axentes da policía local. 

Te puede interesar