Xinzo destaca a “gran aceptación” do seu programa de Nadal

tren
photo_camera O tren instalado na praza Maior da vila limiá este Nadal.
O comercio e a hostalería de Xinzo tamén se “beneficiaron” desta programación na que “non faltou detalle”, apuntaron dende o Concello.

Ao termo das festas de Nadal, dende o Consistorio limiao quixeron facer balance dun ano no que se “multiplicaron esforzos” para celebrar unha programación distinta malia a situación derivada da pandemia: “O programa funcionou moi ben. As propostas tiveron gran aceptación e afluencia de público dentro das posibilidades desta pandemia e seguindo sempre os protocolos establecidos”, asegurou a rexedora de Xinzo, Elvira Lama. “Tivemos unha cabalgata ao gusto de maiores e pequenos que puideron achegarse aos Reis e pedir os seus desexos. Houbéranos gustado manter a tradicional, pero as circunstancias son as que son”, engadiu. Neste senso e debido a incidencia desta sexta ola do covid-19, a cabalgata de Reis foi estática no pavillón de deportes. 

O comercio e a hostalería de Xinzo tamén se “beneficiaron” desta programación na que “non faltou detalle”, apuntaron dende o Concello. Os comerciantes ofreceron bonos de compra divididos en tarxetas, cada unha delas de 10 euros. O valor foi de 50 euros, parte subvencionada polo Consistorio.

Te puede interesar