Adega organiza un roteiro por Santa Mariña de Augas Santas

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) organiza para o vindeiro domingo día 23 de xuño un roteiro por Santa Mariña de Augas Santas (concello de Allariz). O punto de partida da ruta será o Centro de Educación Ambiental (CEA) O Rexo, na parroquia alaricana de Requeixo de Valverde, onde se atopa o Ecoespazo do artista vasco Agustín Ibarrola.
O itinerario, cun percorrido de 10 kilómetros, cruzará o río Arnoia cara a Santa Mariña por un paraxe de paisaxes rurais. A primeira parada, a do xantar, realizarase preto das fontes do Martirio. Unha vez retomada a marcha, os participantes asistirán a un roteiro etnográfico-arqueolóxico polo entorno do castro de Armeá, visitando a cripta da igrexa da Ascensión, o Penedo da Moura e as ruinas do poboado galaico-romano da Atalaia e o do Monte do Señoriño.

As personas interesadas en participar no roteiro poden anotarse chamando aos teléfonos 679.11.37.18 ou 982.24.02.99.

A organización porá a disposición dos participantes un autobús que sairá ás 8,00 horas da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.

Te puede interesar