PROXECTOS

Allariz organizará outra edición do Concilia Verán

Esta actividade está dirixida a rapaces con idades entre 3 e 12 anos

O Concello de Allariz está a preparar unha nova edición do programa Concilia Verán. Trátase dunha iniciativa que intenta fomentar a conciliación laboral e familiar e o prazo para inscribirse para participar no mesmo finalizará o vindeiro 15 de xuño.

O programa Concilia Verán é un proxecto lúdico de atención á infancia, que pon a disposiciòn dos pais residentes en Allariz a posibilidade de que os seus fillos, con idades comprendidas entre os 3 a os 12 anos, estean acompañados por técnicos e monitores de tempo libre durante a xornada. Ao longo do día os rapaces poderán disfrutar dun amplo programa de actividades, que se levarán a cabo fundamentalmente nas dependencias do Colexio Padre Feijóo. Esta programación está dirixida a familias residentes na vila alaricana, que poderán disfrutar deste servizo durante os meses estivais de xullo e agosto.

Todas as personas que poidan estar interesadas poden solicitar información sobre as características do mesmo ou presentar a solicitude no Fogar dos Maiores de Allariz ou chamando ao teléfono 988 554 059.

Te puede interesar