COMERCIO LOCAL

Allariz organizará en Semana Santa o I Mercadiño do Libro Vello

O Mercadiño celebrarase na Praza Maior e na Praza de Abaixo, o sábado 15 de abril, en horario de 11,00 a 20,00 horas

O Concello de Allariz organizará na próxima Semana Santa a primeira edición do Mercadiño do Libro Vello. Esta iniciativa ten a finalidade de impulsar a dinamización cultural do casco histórico durante a Semana Santa.

O Mercadiño celebrarase na Praza Maior e na Praza de Abaixo, o sábado 15 de abril, en horario de 11,00 a 20,00 horas. Poderán participar todos os interesados, maiores de idade, a título particular que queiran expoñer ou vender os seus productos, sempre que sexan artigos de segunda man. Ademais, reservaranse postos paara librarías ou tendas de música que desesen expoñer os seus produtos descatalogados. O prazo para presentar as solicitudes rematará o día 24 de marzo.

Te puede interesar