ALLARIZ

A Colexiata ríndese ao motor clásico

<p></p>
photo_camera Os participantes amosaron de diversas épocas.

Xunqueira de Ambía acolleu a concentración de coches antigos da ruta "Mosteiros e Castelos", que logo percorreu a contorna 

Gastronomía, motor e patrimonio déronse cita en Xunqueira de Ambía durante a xornada de onte.

Baixo o nome de "Mosteiros e Castelos", numerosos vehículos antigos déronse cita na praza da Colexiata da localidade, onde despois dun tempo de exhibición para os máis curiosos, partiu un percorrido turístico pola contorna. A primeira parada do día foi nos xardíns internacionais de Allariz, vila na que xa se quedaron para comer. Alí probaron os pratos elaborados polo cociñeiro André do restaurante fábrica de Vilaboa, tralo cal a comitiva clásica continuou a súa ruta cara Congostro, Rairiz de Veiga, Bande e Celanova, onde realizaron unha visita polo claustro.

Xa de volta a Xunqueira de Ambía, os participantes gozaron dun paseo polo interior da colexiata e dun concerto de órgano. A cea do grupo tamén estivo amenizada pola música, e supuxo o broche da xornada cultural, deportiva e gastronómica. 

Te puede interesar