O comercio alaricano abre o “Peto dos desexos”

O Peto dos Dexesos
photo_camera O Peto dos Dexesos

Sortearanse dous premios de 250 euros e cinco de 100 euros entre os clientes do comercio e hostelería da localidade

Esta semana presentouse a campaña de Nadal “O peto dos desexos” de Allariz. Este é o lema da campaña que o Concello de Allariz, xunto co comercio e hostalería, desenvolverán, un ano máis, para incentivar as compras locais durante a época de Nadal.

A iniciativa do comercio alaricano de “O Peto dos Desexos” sorteará dous premios de 250 euros e cinco de 100 euros entre os clientes do comercio e hostalería da localidade, que deberán xuntar tíquets de compra ata alcanzar un valor de 30 euros. Todas as persoas que queiran participar poderán facelo dende o vindeiro 1 de decembro e ata o 6 de xaneiro do 2024, ámbolos dous incluídos. Os comprobantes de compra serán depositados, xunto coa tarxeta dos desexos, nun dos Petos que estarán situados no Alto do Portelo e tamén na Alameda, ao lado da Oficina de Turismo de Allariz.

SORTEO

O vindeiro 8 de xaneiro sortearanse 1.000 euros en premios nun acto público que terá lugar ás 11,00 horas diante do Peto dos Desexos (no Alto do Portelo). Poderase atopar máis información sobre as bases en www.allariz.gal/nadal.

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, e María López, concelleira de Comercio, lembraron que mercar en Allariz sempre ten premio, porque ademais de dinamizar a economía local, “estamos axudando aos nosas veciñas e xerando emprego”.

“É a nosa responsabilidade mercar de xeito responsable e a nosa implicación é vital para que o sector salga adiante”, comentan dende o Concello de Allariz.

Estas campañas súmanse a campaña de decoración de Nadal de Allariz que pretende dinamizar comercio e hostalería local.

Te puede interesar