O comunal de Coedo, novo pasteiro para a gandería en extensivo

José Balseiros e Cristina Cid no monte veciñal en man común de Coedo.
photo_camera José Balseiros e Cristina Cid no monte veciñal en man común de Coedo.
Además del objetivo de impulsar el sector primario de la zona, se quiere actuar en la prevención de incendios forestales

A Xunta investiu un total de 158.179,98 euros no desenvolvemento do pasteiro de Coedo, no monte veciñal en man común de Coedo, situado no concello ourensán de Allariz.

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou estas actuacións, enmarcadas no Plan de Pastos de Galicia, acompañado pola alcaldesa da localidade, Cristina Cid.

O pasteiro abrangue unha superficie de 32 hectáreas do devandito monte e para a súa posta en marcha leváronse a cabo traballos no terreo, entre eles de roza, pases de grada pesada, retirada de pedras, encalado, fertilización e sementeira.

Ademais, construíuse un peche perimetral cunha lonxitude de 3.332 metros, así como un galpón, dous bebedoiros, unha mangada de manexo, un paso canadense, un pozo de barrena, un módulo fotovoltaico e un peche cinexético de 3.810 metros.

O principal obxectivo de todos estes labores é o de fomentar a gandería en extensivo na zona, ao tempo que tamén se actúa nas labores de prevención de incendios forestais.

Así, mediante o Plan de Pastos de Galicia traballarase en total nunha superficie aproximada de 4.416 hectáreas, en catro fases, no conxunto da comunidade autónoma. O investimento total previsto sitúase nos 9,5 millóns de euros.

Neste senso, búscase promover un mellor aproveitamento dos recursos naturais para traballar na anticipación aos incendios forestais e, sobre todo, garantir a rendibilidade das explotacións, ao facilitarlles máis base territorial e proporcionarlles novas ferramentas para xerar oportunidades de riqueza no rural.

Te puede interesar