As escolas municipais de Allariz perfilan o curso

ACTIVIDADES FOGAR DOS MAIORES (1)
photo_camera Unha das participantes nunha actividade artística de pintura celebrada en Allariz.
Haberá propostas de alfabetización dixital e outras artísticas ou deportivas

O curso académico tamén comeza de novo no Fogar dos maiores de Allariz, nas escolas de pintura e música, e na Casa da mocidade da vila. Así, dende o Consistorio preparan unha ducia de actividades para as que será posible anotarse nos vindeiros días. 

Por unha banda, no Fogar dos maiores haberá, a partir de outubro, alfabetización dixital para a vida cotiá -móbil, tablet e ordenador-, ximnasia terapéutica, estimulación cognitiva, clases de canto, e arte ou creatividade. As inscricións abriranse o vindeiro día 15 de setembro e as persoas interesadas nestas iniciativas poderán contactar no teléfono 988 554 059 ou enviar un correo electrónico a [email protected].

Por outra banda, o prazo de inscrición abrirá no caso das escolas de música e de pintura o próximo 19 de setembro.  Neste caso será posible anotarse -a través do teléfono 988 44 08 59 ou do correo electrónico [email protected]- a linguaxe musical, a piano ou guitarra, así como a outros instrumentos máis tradicionais como gaita, pandeireta ou percusión. A escola de pintura tamén abrirá o seu prazo de inscrición na mesma data. 

Por último, a Casa da Mocidade de Allariz está ultimando os detalles da programación que ofrecerá este outono e que pronto dará a coñecer. Haberá, entre outras, aulas de batería, de guitarra eléctrica e de batucada. Para obter máis información neste caso está dispoñible o correo electrónico [email protected] ou o teléfono 988 442 107.

No tocante á oferta deportiva, a concellería desta área ofrecerá este ano baloncesto, fútbol, piragüismo e equitación - a información ao respecto está a disposición nos distintos clubes e na Hípica Os Invernadeiros.

Te puede interesar