O alaricano José Luis Mascareñas recibirá o premio “Vila de Vida”
O alaricano José Luis Macareñas Cid recibirá este venres o premio “Vila de Vida” que organiza o Concello de Allariz. O científico galardoado nesta edición de 2022 é catedrático na Universidade de Santiago de Compostela. Mascareñas recibirá o galardón de Allariz polos seus logros profesionais, entre os que destacan que é director dende 2014 do Centro de Investigación de Química Biolóxica e Materias Moleculares, así como membro de varios consellos editoriais, fundador e primeiro presidente do grupo español de Bioloxía Química.
O alaricano recibirá “Vila de Vida” o venres, ás 19,30 horas, no Fogar dos Maiores de Allariz. Un premio honorífico que recoñece persoas, asociacións, colectivos, iniciativas, empresas, entidades públicas e privadas que logran o desenvolvemento económico, cultural e social cos seus traballos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LANCHA DE 400.000 EUROS
Un tráiler con una posible narcolancha queda encallado en el río Miño en Caminha
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana