CELEBRACIÓN

Para mallar, non hai calor que valga!

ALLARIZ (QUEIROÁS DA IGREXA). 04/08/2018. OURENSE. Festa da Malla en Queiroás da Igrexa. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera A vila reviviu as labores tradicionais agrícolas que se realizaban durante o século pasado.

Os veciños da vila de Allariz  protagonizaron a penúltima fase do ciclo etnográfico do pan, que hoxe chega ao seu fin

As altas temperaturas non impediron que os veciños de Queiroás da Igrexa revivisen durante a xornada de onte a malla, a penúltima fase da escenificación da elaboración tradicional do pan. A iniciativa, que xa vai pola XVI edición, está promovida polo grupo Esmiga Mallada. 

A mañá comezou cedo na "Aira Vella", ás 9,00 horas, cando o grupo de medeiros chegou cun carriño para recoller as medas da seitura, realizada dúas semanas antes. De alí desplazáronse ata o resto das fincas, preparados para comezar coa tarefa, perfectamente ataviados con roupas de época. O grupo De Pé Feito ocupouse da ambientación musical, que nunca faltaba en ningunha xornada agraria do século pasado. Ás 11,00 horas os veciños e visitantes puideron coñecer as diferentes formas de mallar: coa maza, de xeito individual, con mallos, en grupos de seis,  e con motor, gracias á malladora. As airas de Abaixo, de O Fondo e o cruceiro foron os escenarios das labores, onde se achegaron máis de 300 persoas, segundo explica José Manuel González, de Espiga Mallada. A mediodía, os traballadores fixeron un merecido descanso para comer un pequeno pincho a base de xamón, queixo, empanadas, viño e refrescos, ao que tamén estaban convidados os visitantes da xornada etnográfica. Ademais das labores en directo,  a "palleira" de Paco abriu as súas portas para amosar as diversas ferramentas e materiais de labranza agrícola, así como poemas e fotografías antigas sobre a malla e a seitura da parroquia. 

Durante a mañá de hoxe, A Torre de Seoane acolle a fornada, a última parte do ciclo do pan.

Te puede interesar