ALLARIZ

A obra do alaricano José Suárez chega 
á capital de India

<p></p>
photo_camera O comisario da exposición, Xosé Luis Suárez Canal, durante no acto de inauguración.

Estará aberta ao público nas instalacións do Instituto Cervantes ata o día 10 de decembro

A sede do Instituto Cervantes de Nova Delhi acolle desde o pasado mércores a exposición fotográfica "José Suárez. Uns ollos vivos que pensan". A obra deste fotógrafo alaricano, considerado como un dos referentes da historia da fotografía en Galicia e España na primeira mitade do século XX, chega á capital da India logo de pasar por Madrid, Bos Aires, Montevideo, París e O Xapón.

Esta exposición, que foi inaugurada na Cidade da Cultura en 2015, é a maior realizada ata o momento sobre José Suárez (1902-1974), un artista innovador que incorporou os movementos de vangarda europeos, intelectual, amigos de destacados escritores, como Unamuno, Alberti, Ayala ou Bergamín, e cque vivíu no exilio durante máis de dúas décadas.

A inauguración da mostra, que tivo lugar o pasado mércores, contou coa presencia de Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón, comisarios da exposición, que foron os encargados de pronunciar a conferencica inaugural. Na capital da India exhíbense un total de 135 fotografía, ordeanadas en varias series, así como máis dun centenar de documentos e publicacións. Así, poden verse libros e revistas onde apareceron as súas fotos, recensións e escritos que permiten contextualizar as fotografías e mostrar algunhas das que non se conserva copia nin negativo.

A mostra complétase con varias montaxes audiovisuais e unha serie de retratos de intelectuais e artistas aos que coñeceu José Suárez ao longo da súa vida e estará aberta ao público nas instalacións do Instituto Cervantes de Nova Delhi ata o 10 de decembro.

Te puede interesar