Un obradoiro de djembé inicia o programa de actividades xuvenís de Allariz no 2022

Todas as actividades estarán abertas ao público en xeral, priorizando no caso existir límite de prazas á mocidade de entre 13 e 33 anos de idade

A Casa da Mocidade de Allariz acollerá no inicio de 2022 unha programación de actividades destinada, principalmente, aos máis novos. A primeira proposta será un obradoiro de djembé e as iniciativas continuarán con rutas de sendeirismo, obradoiros de maquillaxe de entroido e de arte urbano, saídas cicloturistas, paint ball ou rutas astronómicas. 

Por outro lado, tamén se programará para finais deste mes de xaneiro un mercado de troco e, xa no mes de marzo, celebrarase unha formación ca asociación Andrea  sobre terapias asistidas con animais.

Todas as actividades estarán abertas ao público en xeral, priorizando no caso existir límite de prazas á mocidade de entre 13 e 33 anos de idade e, para que todas elas poidan levarse a cabo, deberán cubrirse un mínimo de 10 inscricións por proposta -para información e inscrición nas propostas será necesario remitir un correo ao enderezo [email protected], chamar ao telefono  988 680 434 ou dirixirse á Casa da Mocidade-.

Iago Santás, concelleiro de Mocidade, confía en que as actividades “sexan do interese dos mozos e mozas e que se animen a participar nesta programación de inverno que tenta abarcar opcións para todos os gustos”.

Te puede interesar