ALLARIZ

Sete países aportan os seus modelos paisaxísticos no festival de xardíns

<p></p>
photo_camera Momento do acto da inauguración cos participantes e, no centro da imaxe, o alcalde de Allariz, Francisco García.

Os deseños da exposición deste ano, que estará aberta ata outono, están inspirados na perda da memoria 

A choiva quixo respectar aos máis de douscentos presentes no acto inaugural da oitava edición do festival internacional de xardíns de Allariz. Con Serxio Pazos de maestro de cerimonia, e contando coa representación de grande parte de corporación municipal da vila alaricana, ademáis de convidados de excepción coma o rexedor de Baños de Molgas ou o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, quedou oficialmente aberta ao público a exposición vexetal e artística que este ano ten como motivo principal dos seus deseños a memoria e ausencia de mesma.

Na breve presentación estiveron a maioría dos creadores dos distintos espazos que se poderán visitar ata o 29 de outubro deste ano. Destacan, además do primeiro deles, bautizados como Natureza Suspendida -unha solta de globos que suxeitan unha rede na que sus penden diversas especies florais-, un chamativo e futurista espazo que levará ao espectador ata maio de 2168, ou mesmo un serperteante percorrido que asemella a unha cadea do ADN, a verdadeira biblioteca do coñecemento e a nai da nosa memoria, como así o presenta o autor do mesmo. Un ano máis, os alumnos do CEIP Padre Feijóo de Allariz acuden fóra de concurso.

O paixasista de Marín, José Souto, recibiu de mans do rexedor alaricano o diploma que o coroa como o ganador da pasada edición, quen lembrou no seu breve pero emotivo discurso a necesidade de darlle a importancia precisa á creación de espazos verdes que non fan senón mellorar a calidade de vida dos cidadáns. 

Te puede interesar