Visitas organizadas polo Fondo Galego no Sáhara

Iago Santás e Tania Álvarez no Sáhara.
photo_camera Iago Santás e Tania Álvarez no Sáhara.

O mércores comezaron as primeiras visitas organizadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade no Sáhara. Tania Álvarez, concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade en Allariz, estivo presente, xunto con representantes doutros concellos galegos, e Iago Santás en calidade de concelleiro de Mocidade, Radio e Voluntariado.

“Chegamos o mércores de madrugada e estamos convivindo con familias do campo de refuxiados de Boujdor. Agradecemos a hospitalidade con que nos acollen e estámonos sentindo moi a gusto. Onte visitamos a planta de xestión de residuos de Rabuni e estivemos coa gobernadora de Boujdor”, comenta Tani Álvarez.

“Onte fomos ás instalacións da Media Lúa Vermella e visitamos a asociación Afapredesa (de familias de prisioneiros e desaparecidos saharauís)”, explica a concelleira de Benestar Social, Muller e Igualdade.

“Viñemos a coñecer a realidade dos campos de refuxiados e a mostrar o noso apoio á causa saharauí na súa loita pola independenza e a recuperación do territorio ocupado por Marrocos”, conclúe.

Te puede interesar