CULTURA

Xunqueira de Ambía disfruta doutra edición do Tangaraño

30.05.15.XUNQUEIRA.DE.AMBIA.SOBRADELO.FESTIVAL.CULTURAL.TANGARALLO.RIBADA(ESCULTOR)ROCHI.NOVOA(ORGANIZADORA)NA ESCULTURA E OPARQUE O FONDO.
photo_camera Rivada e Novoa, coa escultura.

A celebración incluiu a inauguración dun parque e dunha escultura doada polo creador Xosé Rivada

Xunqueira de Ambía disfruta ao longo desta fin de semana da segunda edición do Tangaraño Cultural, unha celebración que une música, tradición e cultura, xunto con actividades recreativas e de ocio. A xornada comezou a media mañá de onte, coa apertura do mercado tradicional e a inauguración dun parque e da obra "A o vento", doada polo escultor Xosé Rivada ao pobo de Sobradelo. A este acto asistiron veciños, os promotores do Tangaraño, coa súa responsable Rochi Novoa, o alcalde, José Luis Gavilanes, e membros da Corporación.

Logo, ao longo da xornada, sucedéronse as actividades, como a presentación da revista Eclipse, actuacións musicais, recitais de poesías, contos e música para rapaces, recitais poéticos, que remataron pola noite con máis música e queimada. A programación continuará hoxe, domingo, co mercado, presentación do libro (No) Meio (do) Oriente, música, xantar e tangarañazo final con festa durante toda a tarde.

Te puede interesar