BAIXA LIMIA

Varios obradoiros de sensibilización dinamizarán a Reserva do Xurés

As actuacións que se levarán a cabo consistirán na organización de talleres de sensibilización da poboación local

Varios obradoiros de sensibilización dinamizarán a Reserva do Xurés

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licitou onte no Diario Oficial de Galicia un contrato para a organización de actividades que incrementen o coñecemento e a sensibilización da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, por máis de 90.000 euros. 
O obxecto do contrato é a realización de actividades no ámbito da poboación local e cos distintos axentes dinamizadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

As actuacións que se levarán a cabo consistirán na organización de talleres de sensibilización da poboación local, así como o desenvolvemento de cursos de capacitación da poboación local e distintos axentes sociais dinamizadores e de xornadas sobre o patrimonio cultural e inmaterial da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerés-Xurés (RBTGX).