ADEUS ROQUE

n n nEmilio, Roque... non sei como comezar estas letras de despedida, porque en realidade aínda non podo creer que xa non estás... Permíteme decirche que sempre fuches un home moi gruñón, con moito carácter. Nada parecía estar ben feito, xa que tí sempre andabas a protestar, e moitas das veces (por non decir todas) facíalo con razón. Pero sei que detrás de ese home duro, case de pedra, o que nada parecía afectarlle (aínda que ben sei que sí) agochábase un corazón de ouro que nunca esqueceremos. Un corazón tan grande, que nil collíamos todos nós.
Váisenos facer moi raro chegar a unha festa e non escoitarte berrar: ¡¡Vamos!! ¡¡Vamos!! Deixándote a voz ás veces... Ou non escoitarte repetir unha e outra vez a qué hora se sae na próxima festa, ou cando é o próximo ensaio... Estranaremos todo de ti, incluso o teu mal humor. ¿Cómo esquecer os teus consellos, a túa paciencia infinita, as túas palabras de alento cando algo ía mal, a túa man sempre disposta a axudar? Sinxelamente, non poderemos olvidarte. Estarás con nós en cada viaxe, en cada festa, en cada ensaio, en cada verbena botando un baile se se tercia... En tódolos bos e malos momentos estarás presente, porque o Roque xamáis deixaría á sua querida banda pola que tanto e tanto loitou sempre, e pola que moito sufriu tamen.

Todo o que escriba quédase corto, moi moi corto, porque tí non eras un músico máis... non... Tí eras, e sempre serás, a alma da banda, o que tiraba con forza de todos nós... Agora xa non estás, pero sempre estarás no pensamento de cada un dos músicos, e non músicos, que te coñeceron e querían. Cada pasadoble, obra ou muiñeira, será sempre unha homenaxe adicada a tí, porque mereces eso e moito máis. Espero que agora poidas descansar tranquilo, acompañado da túa inseparable trompeta que estivo sempre contigo. E tamen espero que desde donde estés, nos acompañes a cada festa, vixilándonos para que nos portemos ben. E sobre todo, que ca túa maxia, que é máis grande que a vida ou a morte, nos coides e protexas como fixeches en vida. Sempre estarás no noso pensamento. Sempre. Adeus querido amigo. Adeus Roque.

Te puede interesar
Más en Cartas al director