Un amigo na Alemaña

n n nNo maio de 1971, Ángel Carreño e mais eu fixemos unha xira por Alemaña e Francia en misión profesional da Oficiña Provincial de Inversións (Oprin) da Deputación de Ourense pra crear o Polígono 'David Ferrer' en San Cibrao das Viñas.
Tiñamos que conectar con emigrantes ourensáns naqueles países. Eu levaba a dirección de dous amigos. Un deles, o que acaba de finar, José Rivera Maseda, de Seixalbo. A nosa amizade viña de lonxe. Logo de nos acomodar Carreño e mais eu en Hannover, onde se celebraba a Feira Mundial da Industria, fumos á búsqueda deste amigo agora finado. Collemos un taxi e nun pobo perto de esa grande cidade mandei parar ao taxista e dirixinme a unha casa de planta baixa na que me abriu a porta unha dona que, sin me dar tempo a preguntar, díxome: '¡Qué milagre, vostede por eiquí, don Manuel!'. Mentres, polo pasillo, unha voz de home berrou: 'Coño, señor Rego...'

Axudounos a visitar residencias onde estaban os ourensáns en Hannover, Frankfurt, Colonia, Bonn, Neuss... Logo íl e maila súa familia, cos cartiños gañados honradamente, voltaron pra o seu Seixalbo, onde fun máis dunha vez a merendar a súa casa. Pro eu pra me meter con íl decíalle: 'Pepe, pementos dous...' E metíamonos dabondo no xamón e no noso viño.

Agora que está no Reino da Verdade, lembro aquelas datas alemanas e a amizade que sempre nos uniu.

Te puede interesar
Más en Cartas al director