Unhas calificacións ¡¡de chiste!!

Dende logo que para inocentada podía admitirse, como un chiste cáseque nin sería admisible nin nun 28 de decembro. Sentidiño é o que fai falta. Vaia... ’o claustro de mestres’, ou se lles parece máis elegante, profesores, adícase a cubrir os ’boletíns’ dos adultos. Ahora... un tanto ’insuficiente’, queren calificar ó alcalde de Ourense.
¿Non lles parece que sempre se vé a palla no ollo alleo e non a viga no propio? Nós, que coñecemos a traxectoria do alcalde, sabemos como é, e de tolo non lles ten un pelo. ¿Canto tempo, anos, tiveron que pasar para que ’outros’ fixesen algo? Ó alcalde sábeno calificar moi ben o pobo, os compañeiros de estudos, de docencia, os amigos, a xente de a pé. Mellorar... precisámolo todos.

Paco ¡¡arriba!! Querémoste.

Te puede interesar
Más en Cartas al director