'CASAR' CALCETÍNS

Estou, case seguro, que poucos por non dicir ningún dos políticos españoles, 'casaron' calcetíns. Refírome ao feito de xuntalos. Se todos son negros, non todos casan igual. Hai un para cada parella, mais descolorido ou menos. Cada un casa co seu.... Póñan vostedes os seus aditivos.
España está chea de cores e de pequenos matices que a fan singular. Non casemos a uns, aínda que case iguais, cos que non lles corresponden... Por que non facer partes? Se os políticos tivesen casado calcetíns, decataríanse de que cada un, me refiro aos calcetíns, casa co seu homónimo, e todos rematan no mesmo caixón. Non se pelexan e comparten espazo, e o que é mais importante, cálzanse nos pés dun só receptor.

Eu, como levo moito tempo casando calcetíns, os descaso con intención, e sempre hai algún veciño que di: leva un calcetín de cada cor.

Te puede interesar
Más en Cartas al director