CRISTINO BRAVO, boa persoa e grande médico

n n nFun amigo de Cristino Bravo Mateos, que exerceu a mediciña e conseguiu varias prazas ás que opositou en diferentes especialidades da súa carreira.
A Cristino trateino moito. Tiña moi bó caracter e era amigo dos amigos. Eu tiven a honra de que me presentara nunha conferencia que pronunciei nos anos setenta, perante a dictadura, no Ateneo ourensá, ateigado de xente sobor de 'La monarquía, hoy'.

Inda que el non era da miña corda política, accedeu a presentarme e fíxome unha presentación da cal eu non era merecente, pois pasouse sete pobos. Tivo esa valentía, e asistiu a unha homenaxe que me tributaron uns amigos no desaparecido restaurante 'La Mejicana'. Era dunha conversa moi lediciosa e escribiu perante algúns anos en 'La Hoja del Lunes' co seudónimo de 'Julián'. Tiña unha pluma marabillosa e unha coña, como dicen algúns, 'mariñeira'. Pro puña os acentos onde había que polos. Non se arrugaba ao escreber.

Meu sentido pésame a súa familia, e non quería pecar por esquecer a esta boa persoa e grande médico. Descanse na paz do Señor un home que fixo moito ben aos doentes ourensáns.

Te puede interesar
Más en Cartas al director