'cómo decíamos ayer'

Como decíamos onte, antonte, hoxe: ¿Ata cando? Cada día estamos peor. Arrepíase a alma cos desahucios. Pobre xentiña. Hai pouca humanidade e falta de xenerosidade. Moito de lingua. Dánme noxo. As S, as C, as B situaron ben a súa xente, pero os cartiños non os soltan, inda que derrochen a conta dos coitadiños paganos. ¡Se queren seguridade nas súas mansións, que as paguen dos seus sueldazos! Ter que pagar, e España empeñada polos banqueiros.
Pedir, colaborar, axudar no que se poida... compartir. Outros esixen lealtade, pero hay que principiar por ser un leal con todos, e máis cos amigos, e por a verdade dase a cara. Xa sei que moitas veces me perxudica o chamar as cousas polo seu nome. O que me digan 'estabas máis guapa calada'; eu contesto 'non me importa estar fea, se estou guapa conmigo'. Tamén digo que teño dignidade, ¿defecto nestes tempos?, pode. Non son rencorosa, pero pido que Deus lle dé a cada quén o que merezca. Cando en vez de un bó dirixente hai tres ou catro e ningún é competente, ¿qué pasa? Pois ocorre que o noso país se está vaciando.

E para rematar, un sorriso co que decía un amigo moi pándigo: 'As cousas, intrínsicamente consideradas, non teñen máis valor que aquel que certos espíritus superpirolítico fláuticos lles queiran atribuir'.

Te puede interesar
Más en Cartas al director