OS DESPERFECTOS

Tanto correr e correr para nada. Sempre das e darás comigo. Tanto falar e falar para nada. Total. O engano xa se fixo evidente. Pecar. Para ti non é problema. Unha confesión. E a seguir. Dubido, aínda así, que algún día te arrepintas. Iso non comunga co teu credo. Arribados neste porto, o seguinte amarre apunta a querer alcanzar a miña cara coas túas lixadas mans. Bater en min. Por iso agora só me queda agardar. E finxir que todo vai ben. Como dis que dis. Dende a distancia que te escuda. E a pantalla que te enmascara.
Os medios están da túa parte. Todos. E nunca aceptarás a derrota como tal. Como propia. Porque ela tamén se presenta. Aínda que creas que non. E mirarate de fronte. Cara a cara. Por moitos fogos de artificios que ti e os teus lancedes ao aire. O cruel, aínda así, é o inxente festín que vos estades dando. Sabendo, ademais, que todo o consumido e os desperfectos do mesmo están sendo saldados polos nosos petos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director