FACTORES QUE MAIS INCIDEN NA PESCA DA TROITA

1º) Os corvos mariños que están na bacia do Támega de novembro a abril, que collen as troitas na época da rasca (segunda mitade de decembro a primeira de xaneiro). Están censados uns 200 exemplares nos durmideiros de Oímbra.
2º) As secas do cauce de Verín ó cruce dos ríos en Queizás (uns tres kilómetros). A causa desta seca estival en gran medida e debido ás presas dedicadas ó baño que non cumplen o caudal nin a tempada para a que están permitidas (15 de xuño o 15 de setembro).

Inflúe, especialmente, a estación de bombeo de auga potable. Cando ésta está a traballar chega a baixar o río uns 15 centímetros por debaixo das comportas, o cal chega a secar o cauce augas abaixo. Suxerimos que se debería facer menos tempo de bombeo e menos espaciado ou ben facer a captación fora do río.

3º) A presa da devandita estación de bombeo é unha verdadeira barreira infranqueable para algunhas especies piscícolas, xa que non se quita en todo o ano, amansando o río polo que alguns anos énchese literalmente de xougas.

4º) O estiaxe destas dúas últimas décadas é moi forte, o cal chega a secar tramos importantes no Támega: Castrelo, Tintores, Vilela e A Pousa. Nestas paraxes sempre quedan algunhas pozas, que son sistematicamente envenenadas todos os anos, matando a fauna e a microfauna acuática sen que por parte da administración se faga nada, como por exemplo desviar a pesca de troitas, barbos, xardos, bogas e bermelliñas para outras zonas donde o río nunca seca.

5º) O tramo de pesca sen morte está nunha boa parte do seu percorrido nunha zona privilexiada. Non hai control por parte da Gardaría, pescase con morte, empregase cebo natural, bótanse cordas e inclusive redes.

6º) Limpeza e acondicionamento do río Támega. Despropósito tras despropósito: usase maquinaria pesada no cauce baixo un caudal mínimo extremo, falamos neste mes de setembro dende a Noria á ponte de Pazos. No mes de xuño, a carón da ponte de San Lázaro, unha excavadora esparexendo a grava, cando os xardos están en plena rasca. Limpeza de xougas por parte dos operarios do Concello de Verín (falamos dunha zona que non ten sombras), arrancando toda a flora acuática de afeito, sen que por parte da Administración lle den directrices para deixar matas de xougas para refuxo da fauna piscícola.

Resumindo: queremos pensar, salvo o dos corvos mariños, que sería fácil darlle unha solución sinxela por parte das distintas administracións a este gran problema que ten o noso querido Támega.

Te puede interesar
Más en Cartas al director