GRACIAS A UN SEGUIDOR DE CORAL DE RUADA

Xa no lo di a Biblia: 'Por un justo que me traigais...'. Eu diría o mesmo coma membro da sobranceira agrupación 'Coral De Ruada'. Por sorte para nós non nos traería un só leal seguidor, senón moitas máis persoas que acoden ás nosas convocatorias con ganas de escoitarnos cheos de emoción e respecto.
Neste feixe de amigos hanme permitir que hoxe saliente a presenza incondicional dun adicto e adepto 'amigo' que sempre, en primeira fila e cunha actitude reverente, arrúfanos por seguir adiante e a sentir que o peso físico da nosa ilustre vestimenta se troque nun etéro levar.

Estoume a referir a José Luis Baltar Pumar, quen dende a súa condición de ourensán non perde ripio de ningunha das nosas incursións na vida da nosa comunidade, e ata fóa dela. Chega a facernos coro dende a súa cadeixa, é o primeiro en bate-las máns, e o último en deixar de facelo, mesmo coido que sabe marcar cada un dos compases que nos indica o director. Sente coma súa unha composición en particular 'Ourense ó lonxe', cántiga que corea dende principio a fin cun entusiasmo tan intenso que non só contaxia á coral, se non a tódolos presentes no evento.

Dende aquí, dende iste medio de comunicación que unha vez máis me permite compartir con todos vostedes os meus sentimentos, doulle as miñas máis apaixoantes grazas por trasmitirnos a todos esa súa loubante actitude que nos anima a seguir adiante con novas e belas cantigas que xa estamos a preparar, ó mesmo tempo que animo ó resto dos ourensáns a apoiarnos coa súa presenza nas vindeiras reprensentación, e lles desexo un venturoso 2012 a todos.

Te puede interesar
Más en Cartas al director