Imitar a Vitoria na recollida do lixo

Está o señor Henrique Novoa (Poly), moi abraiado co borrador do pliego de condicións para a concesión do novo contrato da recollida do lixo e limpeza viaria, pois parécelle que se está a intentar copiar o mesmo convenio que ten o Concello de Vitoria (Gasteiz), para posteriormente darlle a concesión á empresa que está a facer naquela cidade dito traballo, e isto seica non lle cheira ben. E que como xefe da oposición vai estar moi atento ó que vaia acontecer.
E digo eu, acaso non é bo que se trate de facer tal e como fai a cidade número un en España en esta facenda (cidade na que xa se implantou en algunha zona a recollida aspirada, que tiña contenedores soterrados cando eiquí non sabíamos qué era tal cousa, e outras moitas cousas que quén nos dera os ourensáns). E co de estar cos cinco sentidos, para que non se faga unha falcatruada neste tema, que menos Don Henrique, pero non só niste tema, que esa e a súa labor mentres estea na oposición. Ó concelleiro de Medio Ambiente, decirlle que moi ben que se trate de imitar a Vitoria (Gasteiz), Barcelona e Oviedo, pero eu me pregunto, ¿podemos os ourensáns asumir tales costes?, pois si é certo que a todos nos encantaría unha cidade inmaculada, tamén é certo que iso ten uns costes, e cos salarios que hai por aquí non é doado asumir a suba de impostos que sería necesaria.

Quixera aproveitar a ocasión para felicitalo a medias pola posta en marcha das bicicletas de préstamo. Pero só a medias, porque si a idea é boa, tería moitas cousas que mellorar coma a de implantar carrís bici e outro punto de recollida de bicis ó lado da marquesina do tren das termas, fronte ó Matadoiro.

Te puede interesar
Más en Cartas al director