¿NON COÑECE 'CASA CHELO' EN VIANA?

Se vostede pasou por esta vila de Viana, rarísimo que non a visitase. 'Casa Chelo' é a casa de todos. Chelo é encantadora, atenta, xenerosa. Se cae alguén que non ten pra pagar a comida, é igual, comes o que queiras e gratis.
Nesta 'fonda' de comida caseira, abondosa e variada, xente que vai unha vez, cliente seguro, pra sempre.

¿Sabíalo? Chelo foi a ganadora -fixérona presentarse- vai un par de anos, por a provincia de Ourense, do 'mellor cocido'. Reporteiros, televisión... Chelo, coa súa sencillez e sorriso, ganou a todos, e co boíiisimo cocido.

Para todo comensal, unha fartura. Para médicos e sanitarios, en xeral, hóspedes, millor familia, foi a súa casa. Nesta casa comen ducias de persoas do centro sanitario durante moitos anos; médicos que xa non están, pero que a recordan co mesmo afecto.

Lin un escrito firmado por dous moi bos profesionais do Ambulatorio, que levan moitos anos no centro, no que agradecen o bo comportamento sempre con eles. ¡Moi ben por Amaya, por Leo. Moito ben! Segurísimo que os vosos compañeiros pensan de igual xeito. Por iso non comprenden ¿por qué vos largan pra un bar do Toural? ¿Qué pasou? ¿Quén foi o osado, ou atrevidilla, de buscar firmas no Barco pra cambialos de comedor? ¿Qué pinta O Barco nesto? Xa imos cansos desas 'cristinas' que nos queren gobernar, e nunca lle seguimos a corriente. ¿Quén apoiou o cambio?

Queremos, precisamos urxentemente persoas honestas, capacitadas, preparadas. ¡Coidadiño! Menos aires, que tolos non lle somos... e non precisamos dises abanos.

Chelo, ánimo, non teñas en conta a esa xente que pulula entre as polillas, non te arredes ante políticas rastreiras. Ti, coma sempre, co teu bo traballo, xenerosidade, e o teu amplo sorriso. Quéremoste todos.

UNHA APERTA.

Te puede interesar
Más en Cartas al director