noN á escola unitaria de baltar

n n nDespois de que se nos informase de que o CEIP de Baltar vai ser unha escola unitaria, os pais e nais econtramos os seguintes inconvenientes a esta situación:
En primero lugar, creemos que é imposible que os nosos fillos teñan unha educación de calidade tendo cinco horas de docencia o día para impartir sete cursos de educación infantil e educación primaria.

Ademáis plantéxasenos a dúbida de que si algún neno ou nena ten un percance, ¿quén se faría cargo dese neno ou nena?, ou ¿quén queda cos demáis alumnos no centro?, ou mesmo se a mestra chega tade por algún motivo ou non pode vir, ¿con quén quedarían os nenos do transporte escolar?, así como saber quén se faría cargo da dirección e, no peor dos casos, se ten un accidente laboral ¿atenderíana os nenos ou sairían do centro a solicitar axuda?

Non nos interesan as propostas de enviar os nenos a outros centros próximos (que non sexa Xinzo), debido ás deficiencias estructurais dos centros (con máis de 35 anos), así como a pésima comunicación entre concellos, son todas estradas comarcais chas de curvas e no inverno de xeada, cando o centro de Baltar é o máis novo e con mellores instalacións.

Polo tanto, solicitamos ter un colexio cun mínimo de dous profesores, un de Infantil e outro de Primaria para unha educación de calidade.

Por outra parte, esiximos unha reunión coa inspectora do centro para tratar estes aspectos e outros que poidan xurdir en relación ás circunstancias do profesorado definitivo do centro, tema que xa se tratou coa inspectora no mes de xaneiro.

Te puede interesar
Más en Cartas al director