UNHA SÓRDIDA PAISAXE

Antón Reixa e os Resentidos crearon letra e música do seu Himno da República de Sitio Distinto.
A frase máis chamativa da devandita canción era: 'Estamos en guerra, e temos que reflexionar'. Nista terra galega fai anos e anos que loitamos nunha guerra. A guerra contra o lume. E temos que reflexionar. Quero facelo. Non atopo mellor xeito que acudir a miña biblioteca. Teño a mán unha publicación do Consello da Cultura Galega editada no ano 2.006: 'Os incendios forestáis en Galicia'. O exemplar recolle as actas das xornadas celebradas nas datas do 7 e 8 de novembro do 2005 en Santiago. Serviron de algo aquelas xornadas? Cumprense xa oito anos, e non chegamos a armisticio algún. Combatimos coas mesmas armas: cuadrillas humáns, a maoria delas sen cualificación algunha; aparellos aéreos, de alto custe e baixa rendabilidad bélica; xente aterrada que acude con todo para escorrentar as lapas que amagan con devorarlle a sus vivendas; as mesmas técnicas de prevención ca na etapa da dictadura. E chego, cheo da tristura, que máis parece que o inimigo non é lume se non co mesmo monte. Coma se o quixeramos eliminalo. E ca non hai mellor xeito de eliminalo que co lume. Aborrecemos de traballalo pra facelo rendible. Por qué?

Constrinximos todo a existencia duns malvados pirómanos, que haberá que castigalos. E qué facemos nos e as autoridades competentes? O señor Núñez Feijóo ven de afirmar non é unha cuestión de política forestal, se non da piromanía dunhos poucos. Apaga e vámonos! Non é unha cuestión de política forestal, porque non a temos. Sentín envexa dos finlandeses ao leer un documento da FAO sobre 'Los bosques parte integrante de la vida de los finlandeses', signado por dos dos máis entendidos na materia en Finlandia. Recomendollo ao presidente da Xunta.

Faise preciso un novo enfoque das comunidades de propietarios de montes en mán común. Ourense, a provincia mais castigada polo lume, representa o 37,11% distas comunidades de propietarios das 2.835 existentes en Galicia. O monte no noso país galego ocupa o 63,6% da su superficie total. Por qué non copiar dun sistema de cuotas de cargas e beneficios do sistema de compensación urbanística? Ou dunha simple comunidad de propietarios dun edificio? Dicía Castelao: 'A arbore é o símbolo do señorío espiritual da Galiza, xa que nel cantan os paxaros e conta contos o vento'. Fagamos valer o devandito señorío.

Te puede interesar
Más en Cartas al director