A empresa Cablevisión do Carballiño apostou pola innovación e está a introducir na rede de cable servizos de internet e telefonía ós seus abonados. O contacto directo co cliente e as tarifas son os seus argumentos.

O cable gaña en voz e imaxe

Unha aposta pola innovación en tempos de crise para mellorar e potenciar un servizo que se presta á cidadanía. Iste é o lema que serviu de base á empresa Cablevisión, operadora da rede de cable do Carballiño, para introducir nos fogares dos seus abonados o internet e, en poucos meses, a telefonía fixa e móbil.
Así, os técnicos iniciaron as súas probas para proporcionar estes novos servizos ós clientes que están a recibir o sinal televisivo. O xerente da entidade, Rogelio González Fernández, 'Escaleira', destacou que esta iniciativa está a ter boa acollida 'pola súa condición de ser máis barata e máis achegada ós veciños cá doutras operadoras'. Ademais, considera que 'nestes tempos difícles, hai que animar á xente a facer cousas e estar orgullosos do Carballiño'.


GARANTÍA

Con 20 anos de andaina, Cablevisión, dispuxo da colaboración de Marcos López, enxeñeiro de Telecomunicacións, e coa bagaxe de xestionar, no mesmo periodo de tempo, unha rede de cable de fibra óptica similar á carballiñesa na localidade coruñesa de As Pontes de García Rodríguez. Ademais, ambalasdúas son de capital galego íntegramente. 'A fibra óptica do cable garante unha frecuencia constante e sen oscilacións na transmisión dos datos (os famosos megas), e por iso é mellor cá outros sistemas', sentencia o responsable do proxecto.

O obxectivo é que os clientes da rede poidan optar por ter nas súas casas, ademais das canles habituais de televisión, unha conexión a internet e telefónica a aparatos fixos e cunha tarifa plana. Cara o verán, a empresa, tras acadar acordos coas diferentes operadoras, pretende conquerir que os abonados tamén teñan acceso a teléfonos móbiles.

As tarifas previstas inicialmente para a televisión, de 12,50 euros mensuais, pasarán ós 24,90 euros cada mes coa introducción do novo servizo, para o que non se cobrará cota de permanencia e tampouco estará sometido a futuros incrementos de prezo. Na actualidade, Cablevisión proporciona cobertura de televisión por cable a 500 fogares do casco urbán do Carballiño, aínda que tamén mantén unha distribución por ondas (Canal 26), cunha oferta de programas informativos (cun telexornal diario, entrevistas e reportaxes, entre outros programas vencellados ó propio municipio e outros da comarca carballiñesa.


PROMOCIÓN

Por outra banda, un grupo de profesionais encárgase de manter en perfecto estado as instalacións, baixo a coordinación de Gumersindo González, o director comercial, que tamén se responsabiliza do apartado promocional e publicitario. Deste xeito, Cablevisión está presente en eventos tales como as principais citas gastronómicas (Xantar, Feira do Viño Ribeiro e as festas do Pulpo, Pan de Cea e Porco Celta de Beariz) y las muestras periódicas de Expourense.

Te puede interesar