A Casa dos Poetas de Celanova recibiu 5.500 visitas no 2012

O Centenario de Celso Emilio Ferreiro celebrado no 2012 convocou a 5.500 persoas na Casa dos Poetas de Celanova. Preto da mitade desa cifra (2.084 persoas) foron rapaces dos 54 grupos de escolares que ao longo do pasado ano desenvolveron algunha das actividades promovidas dende a fundación, destacando a participación de 1.414 rapaces no xogo de busca de versos de Celso Emilio polos comercios da vila.
O 2012 foi un ano cargado de actividades organizadas pola Fundación Curros Enríquez. Moitos dos visitantes da Casa dos Poetas aproveitaron tamén para participar nos numerosos eventos que acolleu Celanova en honra ao poeta. O Concello, en colaboración coa fundación, realizou o proxecto conxunto cos comercios 'Cen poemas en Celanova', un encontro de xornalismo, a realización da reprodución do gravado que Picasso lle dedicou a Celso Emilio na Praza Maior, a homenaxe ao poeta realizada en xuño ca sesión extraordinaria da Real Academia Galega durante a cal se colocou a placa na súa casa natal, ou o curso de verán sobre Ferreiro grazas á Universidade Internacional Menéndez Pelayo. En setembro, co motivo do seu cabodano, se entregou a Luis Tosar o Premio 'Celanova, Casa dos Poetas' e, ao longo do ano, houbo roteiros literarios pola vila, varios concertos e cinco presentacións de libros, entroutros.

Te puede interesar