“Diálogo, prudencia, sensatez e lealtade son aspectos que debería ter todo alcalde”

O novo rexidor celanovés, José Luis Ferro pecha a súa primeira semana ao frente do Concello cheo de ideas e proxectos para o desenvolvemento económico da súa vila de acollida.
Despois de tanto cambio e incertidume, cómo se sinte trala primeira semana ao fronte do Concello?
Todavía sigo nunha nube. Estes días foron moi complicados, de moitos viaxes e reunións, e non me deu tempo a asentarme e porme ao día da mecánica municipal. Pero a partir do luns convocarei aos traballadores por seccións e, conxuntamente cos concelleiros, imos mirar que cousas se poden mellorar en cada un dos servizos municipais.

Os edis terán un papel máis activo nesta nova etapa?
Eu non sei que compromiso tiñan ata agora, pero sí. Imos facer unha gobernabilidade compartida entre todo o equipo de goberno. Tomaremos as decisións conxuntamente, dun xeito máis participativo e creo que será positivo a todos os niveis.

Que lles dí a aqueles que falaron de loita interna para acadar a alcaldía?
Nunca houbo tal loita interna, nin tres candidatos como se publicou. Foi unha cousa que se foi falando entre as persoas que tiñamos máis inquedanzas de promoción persoal pero entre todos decidimos que o novo rexidor tiña que ser unha persoa que non estivera tan vinculada co anterior equipo, unha persoa con aire fresco. E penso que eso foi o que decidiu a miña elección.

O feito de que Antonio Mouriño siga no Concello fai que moitos pensen que seguirá gobernando na sombra
Para nada. Antonio está aquí para axudarme, nestes momentos o seu asesoramento e posta ao día nos proxectos municipais está sendo moi importante. Pero nada máis.

Como é o seu ideal de alcalde?
Dialogo, sensatez, prudencia e lealtade creo que son os aspectos que debería ter todo alcalde, e eu espero acadalos. Sobor de todo ca oposición. Tal e como dixen na miña investidura, os chamarei e reunireime con eles para chegar a acordos que beneficien a Celanova.

Por onde pasa o futuro da vila?
Eu creo que o impulso da autovía -que abrirá antes de que acabe o ano- vai cambiar totalmente a estructura económica, social e cultural de Celanova. Temos unha serie de recursos históricos que ao mellor non os explotamos na medida que deberíamos polo gran hándicap de Celanova que é a falta de oferta hoteleira. No Ano Xubilar de San Rosendo no 2007 rexistraronse 200.000 visitantes e non foron aproveitados como se debería, por iso vou seguir loitando pola consecución do hotel-monumento no Mosteiro.

Que outros proxectos gustaríalle por en marcha?
Non son tempos para grandes proxectos, pero si para planificar o noso futuro. Temos que por en valor o albergue, licitar de inmediato a estación de autobuses e acadar acordos cas universidades para que os alumnos de arqueoloxía podan particiar en excavacións anuais en Castromao. Hai peticións de acadar un campo de herba artificial, gustaríame facelo aínda que sei que é difícil. Tamén aproveitar máis o campo municipal e tratar de chegar a un acordo para que os nenos do Instituto poidan utilizar o pabellón das Triguerizas. No eido cultural gustaríame solucionar a deficiente siñalización turística dos nosos recursos, dende Castromao ata a Casa dos Poetas, pasando polo burgo de Vilanova, a fortaleza medieval de Milmanda, os petrogrifos ou a ponte romana de Freixo.

Que hai do polígono?
Seguirei loitando para acadar a ampliación do parque empresarial e traballando co pequeno comercio con campañas que incentiven as compras. De todolos xeitos, temos estudios que din que o 80% dos veciños fan as súas compras de alimentación na vila, no resto de sectores acadan o 50%. Tampouco me quero olvidar á emigración, que tivo unha incindencia económica importante na vila en tempos pasados e que agora parece que volve e temos que apoialos.

Que pasará cas festas de verán?
Proximamente faremos unha convocatoria aberta a todos os comerciantes para que creen unha comisión. Considero que as festas as debe organizar o pobo e, dende o Concello, colaborar na loxística e con aportacións económicas. n

Te puede interesar