Moaña e Fene, nos concertos didácticos de órgano

Organo1_result
photo_camera Un momento do concerto.

A organista Marisol Mendive foi, como é habitual, a encargada de impartir unha clase maxistral sobre a historia e características do instrumento

Centros educativos de Moaña, Fene e Celanova participaron onte nos concertos didácticos de órgano, que cada ano reciben a centos de escolares de toda Galicia no Mosteiro de San Salvador. Nesta ocasión, tamén o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, tivo ocasión de coñecer de primeira man esta actividade.

A organista Marisol Mendive foi, como é habitual, a encargada de impartir unha clase maxistral sobre a historia e características do instrumento. Lorenzo sinalou o órgano celanovense como "un dos máis importantes de Galicia".

Te puede interesar