Centos de persoas encheron as rúas do burgo medieval nunha das edicións máis emotivas para os veciños, que recibiron o premio Xan de Barros

Raigame recupera as vellas tradicións da cultura popular

Cantareiras e pandereteiras recibían ás doce da mañá na praza do Arrabaldo aos primeiros visitantes en achegarse ata o burgo medieval de Vilanova dos Infantes, que onte regresou aos anos 20 do século pasado na escenificación da romería etnográfica Raigame.
A mesma hora iniciaban o seu percorrido por rúas e prazas as agrupacións de baile e música de toda a provincia, enchendo de ledicia o paseo dos visitantes. Nos baixos e soportales, alfareiros, cesteiros ou palilleiras trasmitían os segredos do vello oficio aos pequenos, namentres os maiores sucumbían o recendo das filloas, callos ou criollos recén feitos nas improvisadas tabernas.

A vila celebrou con éxito a décima edición onde a organización premiou co 'Xan de Barros' aos veciños pola súa contribución ao desenvolvemento da romería. 'Nós acollemos a festa con pracer e esperamos seguir celebrándoa por moito tempo, e máis que vostedes o disfruten', confesaba emocionado Manuel Meléndez, pedáneo de Vilanova. Durante o acto, o alcalde, Antonio Mouriño, e a secretaria xeral, Carmen Pardo, comprometéronse a loitar por lograr a declaración de 'Festa de Interese Turístico'. Os vimbios xa os teñen.

Te puede interesar