Tarde de estrenos literarios nas vilas de Allariz e Celanova

A Casa dos Poetas de Celanova acolle esta tarde, a partir das 20,00 horas, a presentación do primeiro libro de José Nogueiras Santana, 'Poemas do sentir galego'. A Fundación Curros Enríquez abre noutra ocasión ás portas da casa familiar de Manuel Curros Enríquez para apoiar a edición de obras poéticas, en especial daqueles autores naturais da provincia de Ourense que por primeira vez desexan dar a coñecer as súas composicións.
O escritor natural de Castelaos (concello de Vilar de Santos), presenta un conxunto de poemas que fan un percorrido polos sentimentos da vida, mostrando situacións cotiás, coas que o lector se sentirá profundamente identificado.


AIRA DAS LETRAS

A mesma hora presentarase en Allariz a obra doutro escritor ourensán, o veciño de Corbelle (A Peroxa) Isauro González Pereira. A librería alaricana Aira das Letras acollerá a presentación do libro 'Para Martina, solo para Martina', a súa primeira novela na que fusiona dos das suas paixóns: a pintura e a escritura.

Docente de profesión, González Pereira presentará unha obra ambientada nos anos 1960 e 1970 'con referencias biográficas que reinventan capítulos da súa vida, pero tamén aventuras ou experiencias que coñece a través doutras persoas', subliñan dende o Concello alaricano.

Te puede interesar