GASTRONOMÍA

Veciños e visitantes proban os “Pinchos da miña terra"

photo_camera El propietario de un establecimiento hostelero muestra el pincho que ofrece en el concurso. (MIGUEL ÁNGEL)

Os 23 bares e restaurantes da vila que están a participar no mesmo están a comprobar como numerosas personas se achegan para probara oferta culinaria que elaboraron

O concurso gastronómico "Pinchos da miña terra" está a ter un gran seguimento en Celanova e os 23 bares e restaurantes da vila que están a participar no mesmo están a comprobar como numerosas personas se achegan para probara oferta culinaria que elaboraron. O concurso abríuse ás 20,00 horas do venres e desde o primeiro momento se notou un incremento da afluencia de xente para participar no concurso, segundo sinalan fontes do portal web compraencelanova, que coordina esta edición.  

A afluencia intensificouse na tarde-noite de onte, sábado, un tanto atípica polo feito da final da Copa de Europa de Fútbol, que ateigou os locais con televisión, mentres que os que non eran amantes do fútbol  nin seguidores do Real Madrid, optaban por locais sin televisión. Segundo fontes de Compraencelanova, foron moitos os locais que lles solicitaron  máis papeletas, xa que estaban a punto de esgotar as que dispoñían, para que os clientes poideran votar o mellor pincho e participar nun sorteo.

O concurso rematará na noite de hoxe domingo.

Te puede interesar