A vila de San Rosendo pecha este sábado o Ano Xosé Velo

Un grupo de turistas en la visita por el Monasterio de San Salvador de Celanova.
photo_camera Un grupo de turistas en la visita por el Monasterio de San Salvador de Celanova.

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá este sábado, día 22 de abril, o acto de clausura do ano de Xosé Velo Mosquera no marco da programación organizada ao longo do 2022 polo Concello de Celanova, a Deputación provincial de Ourense e a Xunta de Galicia con motivo do  50 aniversario do seu pasamento.

Os actos comezarán ás 12,00 horas coa recepción dos asistentes e a presentación do libro “Xosé Velo Sen Fronteiras”, unha fotobiografía sonora de Arraianos Produccións sobre a figura deste activista político e escritor celanovés, que pasou a historia por liderar o secuestro do navío Santa María no ano  1961 baixo as siglas do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) para protestar polas dictaduras de Franco e Salazar. A continuación terá lugar a proxección do documental “Xosé Velo 50 anos despois” e para rematar, recital poético e musical de Moisés Quintas.

Te puede interesar