XOSÉ MANUEL PUGA: “Os Productos locais son compatibles coa arte culinaria'

Xosé Manuel Puga mostra o cartel de 'Sabores do Bosque Máxico'. (Foto: Marcos Atrio)
Un total de 22 establecementos de restauración das comarcas de Terras de Celanova e Baixa Limia participan, dende o 11 do outubro ao 10 de novembro, nunha interesante proposta gastronómica a base de cogumelos, mazás 'boi encarnado' e carne de cachena. Son os 'Sabores do Bosque Máxico' da Asociación O Vieiro-Leboreiro.
Como está a ir a campaña?
Aínda que esta pregunta deberíanla responder os establecementos, polo que teño falado con eles estes días, penso que ben. É certo que hai de todo, pero de momento estamos moi satisfeitos. Non so pola afluencia, senón polo interese xerado entre a poboación local e os visitantes, que chaman aos locais para informarse das propostas e datas. A medida de que se vaian informando, aumentará a afluencia.

Qué é o que máis chama a atención dos participantes?
Á xente sorprendeulle a mazá boi encarnado e nos preguntan si era a mesma que, anos atrás, viñan a buscar os asturiáns para facer a sidra. Pero non, é unha variedade distinta pero moi apreciada e cunhas características diferentes a calquera outra. Por eso pensamos que é bo que os veciños falen dela e ca recuperen nos nosos campos, será unha maneira de telos limpos.

E os cogumelos e a cachena?
O obxectivo desta campaña é potenciar o consumo de productos locais. No caso da cachena, aínda que é un producto asentado, queríamos difundir as súas vinculacións cunha comarca da que é oriunda. E os cogumelos, que podo decir si temos unhas das xornadas micolóxicas máis antigas de Galicia.

Que sorpresas podemos atopar con estes tres ingredientes?
Os establecementos foron libres de elexir, con estes tres ingredientes, os platos, tapas e menús que ofertan aos clientes. So podo decir que trátase de productos moi saborosos, autóctonos e compatibles coa arte culinaria. Temos propostas tradicionais como cachena ó caldeiro, revolto de cogumelos e compotas de mazá. Pero tamén cociña máis moderna con cachena con costra de millo e cabazo, mazá en gabardina ou sopa de cantarelus.

Cal é agora o voso reto?
Nós queríamos incentivar os restaurantes para que comprasen no mercado local e tamén impulsar o movemento económico da comarca, complementando a campaña turística 'A tiro de pedra!' que fixemos no verán. Agora gustaríanos que os establecementos seguiran con esta campaña en futuras edicións.

Non ten pensado seguir?
Este programa remata este ano e nós estamos esperando noticias. As informacións que temos é que Agader podería aumentar fondos para os GDR no 2014 e 2015, e iso implicaría novos plazos e axudas. E sería unha lástima que non o fixeran porque, como este grupo tardou dous anos en poñerse en marcha, perderíamos un 45% (1,6 millóns) da financiación que concedeu Europa para as axudas aos programas de desenvolvemento. n

Te puede interesar