O arquitecto Rafael Moneo ingresará o día 25 na Academia Galega de Belas Artes

O arquitecto Rafael Moneo, Premio Pritzker e Premio Príncipe de Asturias das Artes, ingresará o sábado 25 de outubro na Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora da Rosario.

A Academia celebrará unha sesión extraordinaria pública para o ingreso como académico de honra do prestixioso arquitecto, quen lerá o seu discurso titulado "A noción de coñecemento en Arquitectura".

O discurso de resposta correrá a cargo de Xosé Manuel Casabella López, académico numerario da sección de Arquitectura.

O arquitecto unirase a outras prestixiosas persoeiros como Antonio Bonet Correa, Andrés Fernández-Albalat Lois e Luis María Caruncho Amat, enriquecendo á Institución coa súa presenza e participación na sección de Académicos de Honra.

Rafael Moneo, figura fundamental e referente ineludible para comprender a arquitectura contemporánea universal, resultou escollido académico de honra na sesión realizada no día 21 de decembro de 2013.

O arquitecto navarro foi recoñecido con numerosos premios e distincións, e é o único arquitecto español posuidor do Premio Pritzker de Arquitectura (1996) e Premio Príncipe de Asturias das Artes (2012). Ademáis tamén e máis que destacable a súa carreira como docente nas Universidades de Barcelona,Madrid, Harvard (Estados Unidos) ou A Coruña.

Te puede interesar