O dicionario da RAG non recolle a forma estropear. O portugués ten, pola contra, unha diferencia entre estropear -formar tropa, cometer tropelías, etc.—de estropiar que deriva, seica, do italiano stroppiare co significado de maltratar ou deixar lisiado e de aí, derramar algo. Seguramente é palabra de orixe guerreiro de cando andaban as tropas españolas por alá, pois é castelanismo en portugués. Así pois, o estropear do castelán é estropiar en portugués... e nós? Pois como dicía nin no dicionario da RAG nin na tradición literaria aparece tal forma. Nós usamos máis estragar do latín stragere, causar estragos e outras moitas formas máis ou menos especializadas, como derramar, que vén de cortar ramas mal, arruinar, desgraciar, botar a perder, etc. En fin, o mellor é facer as cousas ben para non ter que usar moito estes verbos.
Buscar
09/dic./22 - 01:30
Compartir
Más en Cultura
MÚSICA
Vetusta Morla hace un alto en su trayectoria: "Si todo va bien volveremos en 2026"
Agencias
25/abr./24 18:50
'ME TOO'
Otras tres mujeres acusan al cineasta Carlos Vermut de violencia sexual
Agencias
27/feb./24 10:25