A bolboretiña do día | Voltar ou volver

Non hai dúbida de que volver é a forma máis próxima ao latín “volvere”, que significaba dar voltas. Como tantas outras formas latinas, forma derivados con prefixos facilmente recoñececibles: de-volver, re-volver, en-volver, des-en-volver, etc. E dese verbo volver, e de moitos dos seus derivados, vén un participio: “volto”, que, á súa vez, pode chegar a formar outro verbo, “voltar”, cun significado moi semellante. Por exemplo, podemos dicir: “Foi a Vigo e volveu xa pola mañá”, ou ben “foi a Vigo e deu volta xa pola mañá” e incluso se oe “foi a Vigo e voltou pola mañá".

O que pasa é que non é forma xeral nin usual en Galicia, pois estamos máis próximos ao latín con "volver" ca os portugueses que, aínda que ambas palabras sexan sinónimas, empregan moito máis o "voltar". En fin, a cousa non lles ten máis voltas.

Te puede interesar