Comediants inicia o venres en Vigo a súa primeira xira galega

A compañía Comediants, unha das máis influentes da historia recente da escena española, iniciará o vindeiro venres en Vigo a súa xira galega co seu espectáculo 'Perséfone. Varietés mortais'.

Posteriormente, dentro da programación cultural de Novacaixagalicia, visitará Pontevedra e A Coruña.

'Perséfone. Varietés mortais' aborda cunha arriscada montaxe, entre o grotesco e o cabaré, a universalidade da morte.

'Perséfone' é un espectáculo que profunda nunha das linguaxes preferidas pola compañía, o que en pintura seria un cadro do Bosco e en teatro corresponde ás variedades, unha miscelánea de escenas de diferentes estilos que conforman distintos aspectos dunha mesma realidade, neste caso a morte', explicou a compañía nun comunicado.

Te puede interesar