Fasero foi destituído de representante da SGAE para o noroeste de España

O director da zona noroeste da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), Juan Carlos Fasero, foi destituído do cargo, informou a Efe o seu avogado, Miguel Diéguez.
Fasero recibiu esta semana unha carta da SGAE na que lle anunciaba o seu 'despedimento' dese cargo directivo que asumira en novembro do ano pasado, precisou o letrado.

O ata agora representante da SGAE para Galicia, Asturias e Cantabria evitou facer comentarios ao respecto e, nunha conversación telefónica con Efe, remitiu ao seu avogado, quen sinalou que está preparando unha solicitude de 'mediación e arbitraxe', sen precisar máis detalles.

Fasero, que exercera anteriormente á fronte do ente autonómico Agadic, encargado das axudas ás firmas culturais de Galicia, é licenciado en Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela e foi produtor de músicos como Cristina Pato, María do Ceo Lume ou Eva Carreras.

Te puede interesar